Liga Atlántica de Billarda

Lúa de Forza vence en Sanxenxo

A última xornada da Liga Atlántica de Billarda rematou coa vitoria de Lúa de Forza e a continuidade de Corredoiras como lideres da clasificación. 
O Campo de Billarda de Nantes coa liga en marcha (Foto: LNB).
photo_camera O Campo de Billarda de Nantes coa liga en marcha (Foto: LNB).

O Campo de Billarda de Nantes (Sanxenxo) foi escenario da vitoria de Lúa de Forza con 71 puntos. Os líderes de Corredoiras, Fari e Ricar, non estiveron á altura e aínda así conseguiron 62 puntos. Agora, Corredoiras está 12 puntos por diante do equipo de Sanxenxo. Gharaboto, de Marín, tivo unha actuación boa con 61 puntos e mantense ao axexo, esperando a súa oportunidade. A última xornada veu marcada polas puntuacións máis baixas da tempada.

Porén, o equipo de Terra Quente obtivo a súa mellor puntuación da tempada, 59 puntos. O equipo morado de Vigo xa está a un punto de alcanzar o cuarto posto de Armadiña na xeral.  

Gañou a xornada Chicho de Lúa de Forza e conseguiu o liderado da xeral, segundo foi o Raio Verde Xián. Na categoría feminina, quedou primeira María Caride de Gharaboto e segunda foi Tania de Valpaços Terra Quente. Na infantil, gañou Mauro de Lúa de Forza e segunda foi Antía de Gharaboto.

Na de equipos, Lúa de Forza subiu ao máis alto do podio e segundo foi Gharaboto. Nos equipos femininos, Valpaços gañou, por diante de Gharaboto e de Lúa de Forza

Cambios na categoría individual masculina

Na categoría individual absoluta houbo un cambio radical pasado de ser Fari e Ricar (Corredoiras) a ser Chicho e Xan(Lúa) os que tomaron os ceos da clasificación.

Na categoría individual feminina a única que se achega na xeral a Bego Ríos é Tania. Pola súa parte, na individual infantil, Raio aproveitou a ausencia de Óscar Caldas ser líder.

Por último, nos equipos femininos, o de Valpaços F conseguiu unha vitoria e Gharaboto, o equipo campión nas dúas últimas temporadas, perdeu 15 puntos en relación ao seu máximo adversario polo título.

Comentarios