Lendoiro, disposto a asinar o convenio de acreedores

Fontes próximas ao clube deportivista informan de que Lendoiro levanta o veto sobre o convenio de acreedores. Isto significaría a fin dun cuarto de século de lendoirismo no clube branquiazul. Agora só ficaría que os futbolistas cheguen a un acordo.

Lendoiro podería ter finalmente accedido a asinar un convenio de acreedores que na práctica o vai colocar fóra da sede da Praza de Pontevedra, na que reinou sen oposición durante un cuarto de século, un período con sombras, desde logo, mais con moitas luces, entre elas todos os títulos oficiais conquistados polo Deportivo.

A asinatura de Lendoiro é condición necesaria para que o convenio calle, mais non suficiente para conxurar o risco de descenso do clube á Segunda B. É preciso tamén chegar a un acordo cos futbolistas, que manteñen a intención de denunciar o clube se non se lles garante o cobro do 100% da súa débeda salarial.

Comentarios