O Depor B viaxa a Portugal ao non recibir garantías de cobro os futbolistas da primeira equipa

Serán futbolistas do B os que disputan os amigábeis concertados polo Dépor en Portugal, sendo que os da primeira equipa non recibiron garantías de cobrar o 100% do que se lles debe.

Máxima incerteza no día D, cando xa fican menos de 10 horas para sabermos se o Deportivo manterá a categoría ou será descendido administrativamente á Segunda B por impago aos seus futbolistas.

O plantel anunciou onte que, no caso de non receberen garantías de cobro, non viaxarían a Portugal para disputar dous choques amigábeis de pretempada.

As garantías non chegaron e os futbolistas actuaron en consecuencia, co cal o clube branquiazul enviou a Portugal a xogadores da segunda equipa.

A proposta de convenio de acreedores non conta co respaldo do plantel ao considerar que parte dos seus haberes (os anteriores ao momento en que o clube entrou en concurso) son débeda e, portanto, deben estar suxeitos a unha quita. Unha mingua dos salarios impagados que se situaría no 33 por cento.

Comentarios