"#LeñaAlMoro" faise 'Trending Topic' no Estado español durante o partido contra Marrocos

O partido finalizou coa derrota da selección española ante o combinado marroquí na rolda de penaltis.
Captura do hashtag sendo tendencia no Estado español (Foto: Nós Diario).
photo_camera Captura do hashtag sendo tendencia no Estado español (Foto: Nós Diario).

A selección de fútbol de España xogou na tarde desta terza feira un partido contra Marrocos en que se disputaba o pase aos cuartos de final da copa do mundo de Qatar 2022.

O Hashtag

Durante o decorrer do encontro, o hastag "#LeñaAlMoro" na rede social Twitter converteuse en Trendig Topic, un feito denunciado por múltiples persoas usuarias da rede social.

O partido finalizou coa derrota da selección española ante o combinado marroquí na rolda de penaltis.

Os membros do equipo español erraron os tres penaltis que lanzaron o que supuxo a súa eliminación definitiva da copa do mundo.

Após a finalización do encontro, o hashtag que se convertera en tendencia desapareceu. Segue sen coñecerse se foi decisión de Twitter a eliminación do Trending Topic.

Marrocos avanza a cuartos

Marrocos avanza agora a cuartos de final, a primeira vez na historia que este combinado consegue este fito.

Comentarios