mércores 08/12/21

Iván Villar fecha a participación galega nos Xogos Olímpicos cunha prata

O deporte galego suma seis medallas en Toquio
Iván Villar volve a Vigo cunha prata colgada do pescozo (Foto: COE).
Iván Villar volve a Vigo cunha prata colgada do pescozo (Foto: COE).

Iván Villar fechou a representación galega nos Xogos Olímpicos de Toquio do mellor modo posíbel: gañando unha medalla de prata.

A pesar de que non foi da partida -de feito, foi un dos descartes do seleccionador Estatal, Luís de la Fuente-, Iván Villar volve á Galiza cunha medalla de prata colgada do pescozo, aínda que ben puido ser de ouro, pois a final ante o Brasil chegou até a prórroga.

Finalizado o tempo regulamentario con resultado de empate a 1 -adiantouse o Brasil e empatou Oyarzabal de soberbio remate acrobático a pase de Carlos Soler-, o encontro alcanzou a segunda metade da prórroga, cando o ex barcelonista Malcom superou o madridista Vallejo na cobertura e bateu Unai Simón para estabelecer o 1-1 definitivo.

Esta é a terceira medalla galega que chega no penúltimo día de competición, logo do bronce de Rodrigo Corrales no balonmán e a prata de Arévalo e Germade no piragüismo, que se una ás conseguidas anteriormente por Teresa Portela (prata) e Ana Peleteiro (bronce).

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Iván Villar fecha a participación galega nos Xogos Olímpicos cunha prata
comentarios