Rodrigo Corrales suma outro bronce na conta galega

Quinta medalla para Galiza, a falta de saber a cor da sexta e definitiva, que chegará da man de Iván Villar na final de fútbol.
Rodrigo Corrales fíxose cun bronce en Toquio (Foto: EP).
photo_camera Rodrigo Corrales fíxose cun bronce en Toquio (Foto: EP).

Nova fazaña das deportistas galegas nos Xogos Olímpicos de Toquio. 

O porteiro Rodrigo Corrales, integrante do combinado Estatal de balonmán, vén de facerse coa medalla de bronce, após superar Exipto no derradeiro e decisivo partido do torneo olímpico por (33-31).

Nun encontro moi sólido no que foron de menos a máis, conseguiron fechar a medalla cun gran Entrerríos, que se retira aos seus 40 anos.

Con este bronce, a delegación galega xa conta con cinco metais: dúas pratas (Teresa Portela e Arévalo/Germade) e tres bronces (o propio Corrales, Nico Rodríguez e Ana Peleteiro).

Ademais, a sexta e última está garantida, pois a partir das 13 horas de hoxe Iván Villar disputará a final de fútbol ante o Brasil, co obxectivo de volver a casa cunha medalla de ouro colgada no pescozo.

Comentarios