Isi Gómez e Ibai Gómez únense ao novo proxecto do Deportivo

Reforza o centro do campo e a liña de ataque, respectivamente.
Ibai Gómez deu un gran rendemento no seu momento no Athletic de Bilbao na época de Marcelo Bielsa (Foto: Europa Press).
photo_camera Ibai Gómez deu un gran rendemento no seu momento no Athletic de Bilbao na época de Marcelo Bielsa (Foto: Europa Press).

O Real Club Deportivo da Coruña continúa perfilando o seu cadro de xogadores da tempada 2022/23. A última incorporación á disciplina do equipo dirixido por Borja Jiménez é o estremo vasco Ibai Gómez.

O seu rendemento é toda unha incógnita, a pesar de que conta cunha amplísima traxectoria de máis de 200 partidos na Primeira División distribuídos en nove tempadas no Athletic de Bilbao e tres no Alavés. 

Non obstante, desde a finalización do seu contrato co Athletic no verán de 2021, o estremo de 32 anos permaneceu 10 meses sen equipo tras "perder a ilusión" polo fútbol, até que o pasado mes de marzo, sorprendeu asinando polo Foolad iraní, co que xogou a Liga de Campións de Asia. 

Agora, a pesar de que non disputar ningún partido da terceira categoría desde que deixara definitivamente a canteira do Athletic en 2012, Ibai Gómez asina polo Deportivo "totalmente comprometido e ilusionado co obxectivo do club, volver a ocupar o lugar que merece e devolver o equipo á máxima categoría".

Isi Gómez, presentado

Na mañá de onte tamén foi presentado Isi Gómez, quen recoñeceu que tiña todo "moi avanzado" co Córdoba, pero cando recibiu a oferta do Deportivo "cambiou todo".

"Chego con moita ilusión, gañas e tamén responsabilidade por xogar aquí", declarou o ex de Raio Vallecano, Fuenlabrada, Badaxoz ou Granada. 

O centrocampista madrileño asinou por unha única tempada, máis cunha opción de renovación automática no caso de lograr unha serie de metas.

Comentarios