Guardés e O Porriño seguen loitando por estar en Europa esta fin de semana

Antepenúltima xornada na Liga Guerreiras de Balonmán.
A escuadra arraiana aspira a rematar nos catro primeiros postos. (Foto: Atlético Guardés).
photo_camera A escuadra arraiana aspira a rematar nos catro primeiros postos. (Foto: Atlético Guardés).

A fase regular da Liga Guerreiras vai chegando á súa fin, e tanto Mecalia Atlético Guardés como Conservas Orbe Rubensa Balonmán O Porriño disputan esta fin de semana o seu antepenúltimo partido.

O conxunto arraiano encara o sábado (18 horas) o desafío, consciente da súa condición de transcendental para lograr entrar en Europa, de superar Costa do Sol Málaga na Cidade Deportiva de Carranque.

Neste momento, a escuadra miñota sitúase quinta na clasificación con 26 puntos, a só un da cuarta praza que outorga o boleto para Europa, mentres que as andaluzas son terceiras con 30 puntos, unha vantaxe na que 50% da mesma procede daqueles dous que sumaron no final do seu enfrontamento da primeira volta, grazas a uns 7 metros finalizado con éxito por Silvia Arderíus despois de que os árbitros indicasen sabotaxe na última defensa do Guardés.

As xogadoras miñotas, que nin perdoan nin esquecen, pretenden demostrar que non son as mesmas da xornada nove para conseguir o desquite dunha espiña que leva cravada con elas desde aquel xogo do pasado 1 de novembro de 2023.

Para conseguilo, a súa adestradora, Cristina Cabeza, non poderá contar coas mancadas Jùlia Nuez e Nerea Solares, o que engadirá un plus de "dificultade" a un "reto moi complicado" como é gañar en Málaga.

Continuará O Porriño coa súa imbatibilidade?

Tras unha semana de descanso por motivos internacionais, o cuarto clasificado da Liga Guerreiras, o Balonmán O Porriño, volve para afrontar o desafío de conservar o seu posto de privilexio no torneo e, por que non, de achegarse ao seu inmediato predecesor, o Málaga, se o Guardés é quen de sorprendelo.

Pero para iso terá que ser capaz de imporse o sábado ás 18 no Pavillón Municipal do Porriño a Elda Prestixio, penúltimo na táboa con seis puntos e a quen derrotou con contundencia no Florentino Ibáñez por 23 a 31.

Porén, o técnico do Porriño, Ismael Martínez, non vende a pel do oso antes de cazalo, e resaltou que as eldenses teñen "moitos recursos para facer dano". "Deberemos saír moi concentradas, e, sobre todo, defendendo ao mesmo nivel que até o de agora se queremos facernos coa vitoria", insistiu o preparador galego do Conservas Orbe Rubensa.

Comentarios