A Galiza volve competir en fútbol praia de maneira oficial

A selección galega de fútbol praia xogará en Cádiz o Campionato de España. Será entre o 11 e o 17 de xullo e participarán os combinados da feminina e da masculina.
Campo de fútbol praia (Foto: Nós Diario).
photo_camera Campo de fútbol praia (Foto: Nós Diario).

A Galiza volverá competir este verán coas súas seleccións nos Campionatos de España de Fútbol Praia.

A través dun comunicado difundido esta quinta feira, a Federación Galega de Fútbol (FGF) deu a coñecer os nomes das deportistas convocadas para a feminina e os convocados para a masculina.

 As primeiras en pórse en marcha esta mesma semana para completar as sesións iniciais de adestramento serán os combinados das categorías Sub-19 feminina e xuvenil masculina. Ambas disputarán a cita estatal este mes de xullo en Cádiz

A feminina xogará do 11 ao 14 de xullo e adestrouse o pasado 6 de xullo coas xogadoras María Suárez (Antas Sociedade Deportiva), Elena Vázquez (Bergantiños Clun de Fútbol),  Ana Capelo, Iria Otero, Laura Otero, Lucía Rivas, Laura Santos e Uxía Rabuñal (todas do Orzán Sociedade Deportiva) e Carla Riomao, Uxía Varela e Antía Mayo (as tres do Victoria Fútbol Club). 

A masculina adestrará tamén o domingo

O combinado xuvenil masculino, pola súa parte, competirá do 14 ao 17 de xullo. Tamén traballará no mesmo escenario, mais durante tres xornadas. Os adestramentos comezaron a pasada terza feira e continuaron onte para seguir este domingo a partir das 11 horas.

Os xogadores convocados son Daniel López (Atlético Arteixo), Alejandro Arias, Álvaro Gómez, Antón Guerreiro, Brais González, David Murado, Diego Gómez, Diego Reimúdez, Jorge Villar, Manuel Peña, Marcos López, Mario Gómez, Nicol Briceño, Óscar Lodeiro, Tomás González e Unai Varela (estes do Imperator Obra Atlética Recreativa) e David Seoane (do Victoria Club de Fútbol).

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Máis en DEPORTES
comentarios