O galego Eduardo Iglesias volverá correr o Rally Dakar

O certame arranca en Arabia Saudita o próximo 31 de decembro. 
A carreira arranca o 31 de decembro de 2022 en Arabia Saudita. (Foto: Deputación de Lugo).
photo_camera A carreira arranca o 31 de decembro de 2022 en Arabia Saudita. (Foto: Deputación de Lugo).

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, recibiu hoxe na Praza de San Marcos o piloto monfortino de motos Eduardo Iglesias, que participará no Rally Dakar 2023. 

A institución provincial colabora por cuarto ano consecutivo co deportista de Monforte, cunha achega de preto de 15.000€, que se incrementou con respecto a pasada edición para promocionar a provincia e os 67 concellos no rally máis grande do mundo.

Na presentación desta nova colaboración da Deputación co piloto, José Tomé lembrou que Eduardo Iglesias participou por primeira vez no Dakar no ano 2020 conseguindo o posto 94, en 2021 escalou ata o posto 53, e, este ano, rematou no posto 78.

Este será o cuarto Dakar conseutivo de Iglesias

“Na edición do ano 2023 volve poñerse ante este reto que ten por diante 5.000 quilómetros repartidos en 14 etapas”, engadiu.

Pola súa parte, Iglesias concretou que esta será a súa cuarta participación e argumentou que "o obxectivo segue sendo o destes últimos anos, que é concluír coa proba máis dura do mundo que é o Dakar".

"Imos tentar mellorar, o ano pasado non puido ser e o obxectivo é chegar á meta, representando neste caso a todos os lucenses e mellorar a clasificación", subliñou.

Eduardo Iglesias portará o escudo da Deputación na moto, na súa vestimenta, na furgoneta e nunha carpa que utilizará nesta competición que se desenvolverá dende o 31 de decembro  ao 15 de xaneiro en Arabia Saudita.

Comentarios