Héctor Pena
23/mar./22 19:09
Os valores de feminismo e tolerancia que a sociedade está a adoptar en cada vez maior medida impregnan, como non podía ser doutro modo, o mundo do deporte. Unha modalidade, o roller derby, adoptounos como bandeira, mais neste século XXI xa ben entrado na súa segunda década xorden outras disciplinas deportivas e paradigmas que prometen modificar para sempre o panorama atlético.