Francia e Inglaterra compiten polas semifinais nun 'clásico'

As selección de Inglaterra e Francia compiten este sábado ás 20 horas da tarde por un posto nas semifinais da Copa do Mundo 2022
A selección de Croacia celebra o pase a semifinais (Foto: Mike Egerton / PA Wire / dpa).
photo_camera A selección de Croacia celebra o pase a semifinais (Foto: Mike Egerton / PA Wire / dpa).

As selección de Inglaterra e Francia compiten este sábado ás 20 horas da tarde por un posto nas semifinais da Copa do Mundo 2022, rolda que ambos os combinados alcanzaron xa no Mundial 2018, no que Croacia eliminou os pross e Francia avanzou até a gran final a costa de Bélxica.

Considerado un auténtico clásico do fútbol internacional, este será o trixésimo segundo enfrontamento entre ambos os combinados, con 17 vitorias para os británicos, nove para os galos e cinco empates. Na Copa do Mundo só colisionaron dúas veces, na fase de grupos de Inglaterra '66 -con triunfo local por 2 a 0- e en España '82, con resultado de 3-1 tamén a favor dos Three Lions.

Esta histórica rivalidade resaltouna o actual capitán bleu, Hugo Lloris, quen lembrou que existe "no fútbol e noutros deportes", polo que un triunfo tería "un sabor particular" para el e os seus compañeiros, que salvo sorpresas formarán co propio Lloris na portería; Hernández, Upamecano, Varane e Koundé en defensa; Rabiot e Tchouaméni controlando o centro do campo; Dembelé, Griezmann e Mbappé compartindo unha liña de tres mediapuntas e Giroud como home máis adiantado.

Por parte inglesa, o seu técnico, Gareth Southgate, afirmou que derrotar o vixente campión será "moi difícil" e "o reto máis grande" que poderían afrontar os seus xogadores, entre os que escollerá de inicio Pickford; Trippier, Maguire, Stones, Shaw; Bellingham, Rice, Rashfrod, Mount, Foden; e Kane.

A polémica con CR7 desvía a atención en Portugal

O outro partido de cuartos de final previsto este sábado é o Marrocos-Portugal. Os verdugos do combinado español queren continuar soñando espertos ante unha selección portuguesa na que o eido estritamente deportivo pasou nos últimos días a un segundo plano logo dunha polémica relacionada con Cristiano Ronaldo.

Diferentes rotativos lusos afirmaron que, logo de ser suplente con Suíza en oitavos, un CR7 moi enfadado ameazou con abandonar a concentración, algo axiña desmentido por todas as partes implicadas. 

Croacia xa é semifinalista

O primeiro equipo semifinalista do Mundial é  Croacia após vencer na quenda de penaltis unha selección brasileira que dominou na prórroga mais que non conseguiu imporse na quenda após errar dous disparos.

Comentarios