Édgar Vigo e Fátima Ameneiro gañan o Circuíto Europeo de Rallys

A vitoria para o equipo de Fene chegou despois de dous anos como consecuencia da pandemia pola Covid-19. A última e decisiva proba tivo lugar na Costa Azul.
Édgar Vigo e Fátima Ameneiro, do Scratch Fene, na chegada (TER).
photo_camera Édgar Vigo e Fátima Ameneiro, do Scratch Fene, na chegada (TER).

O circuíto European Rally, nas tempadas 2020 e 2021, rematou esta fin de semana coa última proba disputada na Costa Azul francesa.

O galego Édgar Vigo e a galega Fátima Ameneiro, tras dous anos de dura competición, conseguiron gañar esta competición co engadido de levar dous títulos ao sumar a puntuación que quedou aprazada en 2020 como consecuencia da pandemia da Covid-19

Para Vigo gañar estes títulos foi unha "alegría infinita" e a demostración de que "a nosa fórmula funciona". Explica que "non corremos rallys, corremos campionatos e demostramos que tamén podemos facelo a nivel europeo".

O piloto do Scratch Fene sinalaba que o seu obxectivo era "vencer nas 2 rodas motrices e xa nos parecía ambicioso, mais lograr o título absoluto é moito máis do que imaxinabamos. Este resultado énchenos de orgullo". Édgar Vigo e Fátima Ameneiro están agora ao mesmo nivel que figuras internacionais como  Giandomenico Basso (varias veces campión de Europa), Simone Tempestini (campión mundial  WRC3 en 2016) ou Steve Fernandes

"A palabra é satisfacción", apunta Fátima Ameneira, "parece fácil estar en todas estas competicións sen destacar puntualmente en ningunha proba, mais é moi difícil aguantar a presión rally a rally de chegar a meta e gañar os puntos necesarios", engade. Para a de Fene, "a experiencia é un grao e toda a nosa progresión tempada a tempada xa deu os seus froitos a nivel internacional". 

A clasificación final

A tripulación galega logrou a súa carreira en Antibes e gañou o título por 1,5 puntos sobre Ivan Ares que fecha segundo en 2021 TER e sobre Suárez que completa o podio.

Os franceses Eric Camilli e Christopher Guieu co Citroën C3 R5, gañaron a quinta e última rolda do 2021 Tour European Rally, o 56º Rallye d'Antibes Côte d'Azur, e tamén obtiveron o segundo posto na clasificación xeral do rally detrás do Alpine A110 de Ciamin e de Yoann Bonato xunto a Benjamin Boulloud co seu Citroën C3 R5.

O terceiro chanzo do podio foi para o Volkswagen Polo R5 de Quentin Giordano e Kevin Parent. O cuarto para Cedric Robert e Matthieu Duval no Alpine A110 por diante do coche xemelgo de Raphaël Astier e Cendrine Ruel.

Comentarios