Dúas campioas de xadrez ucraínas, excluídas da federación por non asinar unha carta a favor da exclusión de xogadores rusos

A Federación Internacional tomou medidas contra o gran mestre ruso Sergey Karjakin despois de que este emitise apoio público ao presidente Vladimir Putin e á operación militar en Ucraína
Anna Muzychuk.
photo_camera Anna Muzychuk.

As irmás ucraínas e grandes mestras de xadrez, María e Anna Muzychuk, serán suspendidas e excluídas da competición pola Federación de Xadrez de Lviv por negarse a asinar unha carta aberta na que se lle pedía á Federación Internacional de Xadrez (FIDE) que prohiba a participación de xogadores de xadrez rusos e bielorrusos en torneos internacionais.

Anna Muzychuk declarou que ela e a súa irmá ofreceron suxestións "máis efectivas" que unha carta á FIDE, pero a federación de Lviv non lles deixou máis opcións que asinar ou quedar fóra das competicións.

Muzychuk é dupla campioa de mundo de xadrez rápido entre 2014 e 2016. A xogadora negouse a defender o seu título en Arabia Saudí porque supuña xogar con hiyab e non poder saír á rúa sen compañía masculina.

A súa irmá, Mariya Muzychuk foi campioa do mundo de xadrez estándar en 2015. As dúas irmás viven actualmente en Valencia onde chegaron despois de deixar a súa casa casa perto de Leópolis.

Dáse a circunstancia de que ambas as irmás estiveron presentes o pasado sábado 2 de abril nun acto de apoio a Ucraína que tivo lugar en Torrelavega e cuxo obxectivo era recoller materiais para enviar a Ucrania: alimentos, material sanitario e produtos de hixiene.

A FIDE sanciona a Karkhakin

Por outra parte, a FIDE tomou medidas contra o gran mestre ruso Sergey Karkhakin despois de que este emitise apoio público ao presidente Vladimir Putin e á operación militar en Ucraína. O antigo aspirante ao título mundial Karkhakin recibiu unha sanción de seis meses que as autoridades de xadrez rusas anunciaron formalmente que apelarán.

Karkhakin , de 32 anos, admitiu que el e as irmás Muzychuk estaban en "lados opostos das barricadas", pero engadiu que respectaba a súa negativa a apoiar unha prohibición total aos rusos, dicindo que "os principios deportivos non son só unha frase baleira para eles". Anna Muzychuk criticara a Karkhakin nunha publicación en Facebook a finais de febreiro, expresando a súa oposición ás accións de Rusia en Ucraína e pedindo a máis xogadores rusos que se pronuncien contra o conflito.

Comentarios