A 'Champions' do fútbol sala feminino revela o seu calendario

A sexta edición da Futsal Women's European Champions (WEC) de fútbol sala terá lugar no Pavillón de Vista Alegre de Burela entre os días 18 e 22 de decembro.
O Burela quere volver levantar un torneo que xa conquistou en 2021. (Foto: RFEF).
photo_camera O Burela quere volver levantar un torneo que xa conquistou en 2021. (Foto: RFEF).

A organización non mentía. Transcorridos tan só "uns días" desde a confirmación oficial de que a sexta edición da Futsal Women's European Champions (WEC) de fútbol sala terá lugar no Pavillón de Vista Alegre de Burela entre os días 18 e 22 de decembro, revelou o calendario de partidos entre os catro equipos participantes: as guerreiras laranxas do Pescados Rubén; o Sport Lisboa e Benfica campión de Portugal; a escuadra gañadora da liga italiana, Bitonto C5 Femminile; e a súa homóloga do torneo da regularidade neerlandés, o Marlène  de Heerhugowaard.

Todos eles enfrontaránse nun formato cadrángular todos contra todos para obter un posto na finalísima, sendo o encontro inaugural o Benfica-Bitonto (19 de decembro, 18 horas).

O Burela debutará ante o seu público no segundo choque da proba, ás 20.30 tamén do día 19 contra o Marlène. Xa o 20 de decembro están programados un Bitonto-Marlène (18 horas) e o Burela-Benfica (20.30 horas), rematando a fase previa o 21 de decembro co Marlène-Benfica das 18, seguido polo Burela-Bitonto ás 20.30 horas.

Os dous mellores equipos colisionarán nunha gran final prevista ás 20.30 horas do serán do 22 de decembro, cuarta feira, e na que o Pescados Rubén agarda ser profeta na súa terra e levantar un título que xa conquistou na súa edición do ano 2021.

Comentarios