O partido que enfrontou os considerados dous equipos revelación da Liga finalizou con vitoria para os de Vigo, que suman tres pontos moi valiosos antes de recibir na casa a próxima semana ao Madrid.
Foi Orellana quen adiantou o equipo de Berizzo nunha primeira parte de grande intensidade e sen un dominador claro. Aos 40 minutos, nunha boa xogada de ataque, Orellana recibiu o esférico na frontal e disparou unha gran rosca que valeu o primeiro tanto do Celta. O primeiro tempo finalizaba con outro aviso dos celestes, que estiveron a piques de anotar o segundo gol cun disparo de Nolito que tocou a madeira.
No segundo tempo, o local Bailly foi amoestado por vez segunda logo dun man e, en consecuencia, deixou o Villarreal con 10 homes. A partir de entón, o Celta dominou o partido de maneira clara e perdoou varias ocasións que lle permitirían sentenciar o encontro. Pola contra, o Villarreal, no minuto 21, non perdoou e empatou na súa única chegada á meta rival cun remate de Denis que rebotou nun xogador.
Até o último momento, o Celta tratou de marcar un segundo tanto que lle permitise traer os tres puntos para Vigo. Os celestes lograron anotar o gol da vitoria no minuto 89 a raíz dun gran disparo de Orellana á escadra cuxo rexeitamento aproveitou Nolito para sentenciar.
Ficha técnica
Villarreal: Areola, Mario, Bailly, Ruiz, Costa, Pina, Trigueros, Samu (Denis Suárez, min.50), Nahuel (Rukavina, min.50), Baptistao (Bakambu, min.59) e Soldado
Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Jonny, Augusto, Wass (Radoja, min.85), Pablo Hernández (Bongonda, min.73), Orellana, Nolito eIago Aspas (Guidetti, min.80)
Goles: 0-1, min.41; Orellana; 1-1, min.66: Denis; 1-2, min.89: Nolito
Árbitro: González González, do comité castelán leonés. Expulsou con dupla amarela Bailly e amonestou Augusto, Sergi Gómez, Wass, Soldado