Arxentina, campioa do mundo

A albiceleste celebra o seu terceiro triunfo ao grande e rompe a maldición do campión da Copa América, que até o de agora nunca conseguira gañar o seguinte Mundial.
Festa arxentina após a final do Mundial. (Foto: Robert Michael / DPA)
photo_camera Festa arxentina após a final do Mundial. (Foto: Robert Michael / DPA)

A selección arxentina vén de proclamarse campioa do mundo por terceira vez na súa historia tras vencer este domingo a Francia na tanda de penaltis da final do Mundial de Qatar (3-3, 4-2 nos penaltis), partido no que desperdiciou un 2-0 no descanso e no que, dende os once metros, volveu converterse, tres décadas despois, na raíña do planeta futbolístico.

Leo Messi, de penalti, e Ángel Di María, adiantaron aos de Lionel Scaloni antes do descanso, pero un minuto de inspiración de Kylian Mbappé (min. 80 e 81) condenou o partido á prórroga. Foi alí onde o seu compañeiro do PSG, capturando o rexeite dun disparo de Lautaro Martínez, volveu poñer por diante aos de Lionel Scaloni no minuto 109, e de novo a estrela francesa, completando o seu hat-trick, forzou os penaltis, onde se impuxo a albiceleste.

36 anos despois de que Diego Armando Maradona abrazase o trofeo de ouro no Estadio Azteca, o 'Pulga' fíxose eterno para subir ao ceo de Lusail, aos seus 35, a tan esperada copa que, agora si, o sitúa ao nivel de ' Pelusa' para os seus compatriotas. Unha sincera e emotiva homenaxe ao eterno '10', falecido en 2020.

Con isto, a albiceleste celebra o seu terceiro triunfo ao grande (1978, 1986 e 2022) e rompe a maldición do campión da Copa América, que até o de agora nunca conseguira gañar o seguinte Mundial. Mentres, Francia queda sen posibilidade de revalidar o título, algo que o Brasil de Pelé logrou por última vez en 1958 e 1962.

Comentarios