Ao Celta só lle faltou definición para bater o Málaga na Rosaleda

Herrera procura un 9 no mercado de inverno e non lle falta razón.

De ter un 9 con garantías, probabelmente o 1-1 co que se saldou o Málaga-Celta teríase tornado en vitoria celeste. O Celta despregou por momentos un xogo de grande calidade sobre o relvado andaluz, passing game de alta escola. O Málaga pagou os efeitos da proeza do Camp Nou (o 2-2 na ida copeira entre semana) e cedeu o balón á equipa galega. O Celta controlou o xogo, mais non foi quen de furar a baliza moi ben defendida por Caballero.

Nun rapto racial o Málago puxo o 1-0 no taboleiro de marcas, gol de De Michelis (m. 36). O Celta demorou moito en rendibilizar o seu bon fútbol. Conseguiuno finalmente Augusto (m. 76). Javi Varas, o gardamallas, tamén tivo os seus momentos de gloria.

Após este empate, o Celta suma 19 pontos. A súa saúde clasificatoria continúa a ser preocupante. O seu fútbol, non. Por veces engaiola. Mas fáltalle definición. O 9 que procura Herrera no mercado de inverno. Estaremos atent@s.

Comentarios