A CRÓNICA | As bandeiras galegas toman Balaídos no Celta-Barça (1-2)

Os árbitros volven alporizar a parroquia celeste noutra derrota dos de Benítez como locais. 
Iago Aspas, celebrando o tanto do empate celeste. (Foto: LFP).
photo_camera Iago Aspas, celebrando o tanto do empate celeste. (Foto: LFP).

O Celta-Barcelona (1-2) deste sábado non pasará á historia polo espectáculo visto sobre un terreo de xogo que estaba no seu mellor estado dos últimos tempos, non.

Tampouco pola presenza das tres principais candidatas á presidencia da Xunta da Galiza en Balaídos -optando Rueda e Besteiro por sentar no palco de autoridades e Ana Pontón nas bancadas, co resto do público-.

@nosdiario

⚽️O Celta-Barcelona (1-2) deste sábado non pasará á historia polo espectáculo visto sobre un terreo de xogo que estaba no seu mellor estado dos últimos tempos, non. Tampouco pola presenza das tres principais candidatas á presidencia da Xunta da Galiza en Balaídos -optando Rueda e Besteiro por sentar no palco de autoridades e Ana Pontón nas bancadas, co resto do público-. Se por algo será recordado, sen dúbida, é pola comuñón da afección celeste cunha idea de país que demostrou inundando o estadio con bandeiras da patria, exhibíndoas masivamente antes do comezo do partido, cando tamén puideron escoitarse berros de "Rueda, vaite xa!". Tampouco faltou nesta xornada o Himno galego. 📝H. Pena 📲Toda a información, en nosdiario.gal

♬ sonido original - Nós Diario

Se por algo será recordado, sen dúbida, é pola comuñón da afección celeste cunha idea de país que demostrou inundando o estadio con bandeiras da patria, exhibíndoas masivamente antes do comezo do partido, cando tamén puideron escoitarse berros de "Rueda, vaite xa!".

Iago Aspas, celebrando o tanto do empate celeste. (Foto: LFP).
Iago Aspas, celebrando o tanto do empate celeste. (Foto: LFP).

Lamentabelmente, a proposta futbolística de Benítez -que formou de inicio con Guaita; Mingueza, Starfelt, Domínguez, Ristic; Tapia, Beltrán, Allende, De la Torre; Larsen e Aspas- non acompañou o fervor nin a emoción.

Non obstante, conseguiu anular a saída do Balón dun Barça que unicamente abriu o marcador grazas a unha xenialidade de Lewandowski, quen nun alarde de clase deixou atrás Starfelt para perforar a meta de Guaita cun tiro cruzado no minuto 44.

Pero, de xenio a xenio, este galego, nada máis volver a acción despois do descanso Iago Aspas subiu xa no '46 as táboas ao electrónico de Balaídos logo dunha sensacional asistencia co calcaño de Mingueza, non sen a sorte de que o seu lanzamento rebotou en Koundé, despistando o meta Ter Stegen. 

Con case 45 minutos por diante, a escuadra olívica tratou de sacar petróleo da crise de identidade blaugrana, sen sorte en varias ocasións. Até que no minuto 93, terceiro dos seis de prolongación que determinou o colexiado, sinalou un penalti a prol do Barça. Semellaba que a sorte volvía serlle esquiva ao Celta, pero Guaita atinou a deter o penal de Lewandowski. Non obstante, o árbitro mandou repetir a pena máxima porque o gardameta celeste estaba lixeiramente adiantado e, agora si, o veterano artilleiro polaco non perdoou, anotando o 1-2 final. 

Comentarios