Zënzar, nin un paso atrás: novo disco en abril, 'Benvidas ao futuro'

A banda máis veterana do rock en galego saca á rúa un novo traballo. Vídeo no interior.

zenzar

'Benvidas ao futuro' é o título do novo traballo de Zënzar, o décimo da súa carreira, e que se publicará o vindeiro mes de abril. “O máis maduro dos editados até o momento, tanto en composición coma en son”, indica a veterana banda de Cerceda.

Un disco no que, indican, “falamos da realidade que nos toca vivir e que pode tocarlle ás xeracións que veñen”. Zënzarsinala que mantén a aposta por "poñer voz e música aos problemas existentes na Galiza do século XXI, como é a eucaliptización do territorio, as políticas do espolio, as loitas das labregas...”.

O traballo vai acompañado dunha nova xira, na que “seguimos apostando polos directos enérxicos e guitarreiros habituais".

O proceso de gravación, mestura e masterización foi da man do técnico de son do grupo, Roi Gil. O deseño corre a cargo de Laura Romero, baixista da banda .

 

Comentarios