Ribeira crea un festival dedicado ao teatro amador que revisa os clásicos

Participarán varis compañías galegas e dúas internacionais.   
Alberte, González, Vázquez e Fernández, na presentación. (Foto: Nós Diario)
Alberte, González, Vázquez e Fernández, na presentación. (Foto: Nós Diario)

O Festival Internacional Amador da Galiza (Fitagal) 2025 comeza a súa andaina en Ribeira (O Barbanza) este domingo e rematará o 16 de novembro, introducindo unha aposta pola diversidade de estilos, a revisión crítica dos clásicos e a promoción de compañías galegas e internacionais de teatro afeccionado.

Na presentación esta terza feira desta nova proposta participaron a deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a concelleira de Cultura de Ribeira, Antía Alberte, e os representantes da Federación de Teatro Afeccionado da Galiza, David Vázquez e Javier Fernández.

O domingo a compañía de Nigrán (comarca de Vigo) Denigrantes Comediantes presentará Amareite até que te odie. Seguirá o 4 de outubro o grupo cántabro EntreCajas Fusión Teatro coa peza Soños do Mar Negro, con textos de Antón Chéjov. Continuará o día 5 con Noite Bohemia e A Casa de Bernarda Alba.

O 12 de outubro seguirá Cardume Teatro e a obra As Galas do Defunto, e rematará o 16 de novembro co grupo portugués Thiassos Teatro e Helena de Eurípides.

Comentarios