Queres saber como era un 'corono galaico' da Idade de Ferro? Eis unha reconstrución

Forma parte do proxecto 'Lanóbriga: Unha cidade galaica", que será presentado na décima edición das Xornadas Galaicas-Portuguesas, que decorrerán este 7 de maio en Pitoês das Júnias.
Detalle do 'corono galaico' reconstruido de maneira virtual polo Ciag. (Ilustración: Miguel Torre/Paco Boluda)
photo_camera Detalle do 'corono galaico' reconstruido de maneira virtual polo Ciag. (Ilustración: Miguel Torre/Paco Boluda)

O Centro Infográfico Avanzado da Galiza (Ciag) vén de publicar nas súas redes unha reconstrución virtual dun 'corono galaico' da Idade de Ferro.

Segundo explica o Ciag, para desenvolver esta reconstrución serviuse de varias pezas arqueolóxicas custodiadas e conservadas en diferentes museos da Galiza e Portugal.

En concreto, empregouse a estatua do "Guerreiro IV" de Lesenho, o torques de Vilasboas, o brazalete de Lebução e a fíbula de San Cibrao de Lás, da man do artista dixital, Miguel Torre e o ilustrador arqueólóxico, Paco Boluda.

Tal e como sinala o Ciag, a proposta de reconstrución forma parte do proxecto 'Lanóbriga: Unha cidade galaica", que será presentado na décima edición das Xornadas Galaicas-Portuguesas, que decorrerán este 7 de maio en Pitoês das Júnias.

Comentarios