A obra de Suso de Toro volve ao cine coa curta "Polaroid”

O venres día 1 estrearase a través da plataforma Filmin a curta Polaroid, dirixida por Chema Montero baseada na novela de Suso de Toro. 

Suso de Toro
photo_camera Suso de Toro

Dirixida polo novo cineasta Chema Montero, a curtametraxe Polaroid estrearase este venres, día 1 de novembro, a través da rede, na plataforma Filmin. A curta está baseada na novela de Suso de Toro publicada en 1986, un dos títulos de máis relevancia na carreira literaria do escritor que lle valeu o Premio da Crítica do 1987. 

O novo director Chema Montero (Vigo, 1994) realizou diversas curtametraxes e participou en varios festivais galegos. Polaroid está interpretada por Aser Alonso. 

Non é a primeira vez que a obra de Suso de Toro chega ás pantallas xa que, con anterioridade, Xavier Villaverde dirixiu a película Trece Badaladas, baseada na novela do escritor. En 2011, José Luis García Sánchez anunciara o inicio da produción de “Sete Palabras”, sobre a obra no que o escritor se atopa coa memoria do seu avó en terras de Toro.

Comentarios