Outono agroecolóxico
San Sadurniño
Casa da Xuventude
Sexta feira
18.30h
Encontro aberto con Elia Rodríguez, da Finca das Fadegas, pioneira no cultivo ecolóxico na Galiza, para falar sobre a súa experiencia neste ámbito concreto.
Tribalistas ao vivo
Compostela
Multiúsos de Sar
Sexta feira
21.00h
O trío formado por Marisa Monte, Arnaldo Antunes e Carlinhos Brown regresa quince anos despois de venderen tres millóns de discos para facer unha xira mundial.
Goldi libre!
Pontevedra
Teatro Principal
Sexta feira
23.59h
Redrum Teatro presenta “Goldi Libre!” no Teatro Principal de Pontevedra esta sexta feira, dentro do ciclo Ponteatro Outono 2018. Unha obra que achega unha panorámica diferente e desenfadada do activismo social e político da esquerda dos anos 80 e 90 do século XX, cuestionando algúns dos mitos da loita antimilitarista. Ponteatro inclúe seis obras: catro funcións, que se realizarán as quintas feiras ás 21 horas e dúas funcións, correspondentes aos Venres Golfos, que levantarán o pano ás 23.59 horas.
Nova estrea no FIOT
Carballo
Pazo da Cultura
Sábado
20.30h
En exclusiva preséntase a estrea da comedia dramática de Pablo Remón, O Tratamento, unha peza con máis de vinte personaxes na que se mestura ficción e realidade, historia e memoria.
Xacarandaina
Burela
Auditorio Municipal
Sábado
20.00 h
Un espectáculo de danza tradicional no que se mestura a propia actuación do grupo cos seus bailes, músicas, vestiarios e posta en escena.
Zenzar, 30 anos de rock en galego
Lugo
Club Clavicémbalo
Sábado
00.00h
Música ao vivo coa forza de Zenzar, unha das bandas imprescindíbeis e máis veteranas do rock alternativo galego.
Ruta Pasabodeghas
Vedra
San Miguel de Sarandón
Sábado e domingo
San Miguel de Sarandón acolle, o sábado 27 e domingo 28, unha nova edición do Espazo Activo da Ulla. O sábado comeza a ruta Pasabodeghas, con degustacións de viño e tapas polas sete bodegas participantes no evento, amenizada por agrupacións musicais como Faíscas da Pontraga, Airiños do Eume, Fonte de Merlán e Charabiscas, entre outras. Pola tarde poderán gozar coa actuación de Pakolas e mais obradoiros e, á noitada, concertos de Tiruleque, A Compañía do Ruído e Liviao de Marrao. Xa o domingo máis música a partir do medio día cos Campantes da Baña na sesión vermú.
A xanela do maxín
Compostela
Fundación SGAE
Domingo
12.30h
Teatro familiar da man da Pequena Lúa, unha gatiña tímida e asustadiza coa cal traballar valores como a tenrura, o respecto ou a solidariedade.