MAURIZIO CATELLAN E A ARTE DE PROVOCAR

Mexar en retrete de ouro

Maurizio Catellan é italiano. É artista e pensa que a provocación e a irreverencia deben formar parte, de cando en vez, da nosa maneira de observar o mundo.

Hitler
photo_camera Hitler

Maurizio naceu en Padua en 1960. Autodidacta. Comezou deseñando mobles, pasou á fotografía e máis tarde á escultura. En 2012 conseguiu vender por 17,5 millóns de dólares, nunha das poxas organizadas pola Christie's, unha estatua de cera e resina, criada en 2001 e titulada El na que se mostra Hitler representado do tamaño dunha crianza, de xoellos, coas maos entrelazadas e dando a idea de se encontrar a rezar.

catellan_lanonaoraEntre as súas obras máis coñecidas está La Nona Ora, de 1999, unha escultura en cera do papa Xoán Paulo II aplastado por un meteorito. O título está tirado dos evanxellos, do momento en que, na cruz, Cristo exclama nun grande berro: Éloï, Éloï, lemasabakhtani! O que se traduciría por: Meu Deus, meu Deus, por que me abandonaches?. O grito foi na hora nona, isto é, as tres da tarde.A súa exposición en Varsovia provocou non só escádalo mais a retirada da obra e o cese da directora do museo. La Nona Ora foi vendido en 80 mil dólares e posteriormente revendido por 3 millóns.

Agora Catellan volta á provocación cunha sanita de ouro perfectamente funcional, chamada America, e instalada no quinto andar do Guggenheim. A idea do artista é que todos os visitantes do museo usen a sanita como se fose a da súa casa, sen importar o feito de ser ouro. Iso si, á porta do baño está sempre un policía para garantir que ninguén leva unha lembranza da obra. mauricio-cattelan-america

Normalmente nos museos a relación dos visitantes coas obras é a de manter unha considerábel distancia, a de sermos espectadores e non tocar nada. Mais Catellan quere exactamente o contrario e, como afirma no site do museo, “será un test para esta peza” pois a relación que o público establece coa peza “forma parte do xogo”

De onde tira Catellan a idea?

Xa hai tempo que Catellan anda interesado nos retretes como obxecto. Fixo pesquisas e xuntou unha considerábel colección de fotografías. Mais, aínda que non se diga, o centenario do urinario que, en 1917, Duchamp transformou en A Fonte está presente como elemento de inspiración, moito máis cando se van facer os cen anos daquela peza que cambiou de raíz o mundo da arte contemporánea, a pesar de se tratar dun urinario que Marcel Duchamp compra nunha tenda de obxectos domésticos e que posteriormente asina co seudónimo de R. Munt no seu estudio.

Porque Catellan, non o esquezamos, ten un grande sentido da publicidade e, sobre todo, da oportunidade. Nancy Spector, a comisaria desta exposición, escribe no catálogo que America “fecha un círculo trangresivo” que Duchamp abriu hai xa tempo. Claro que a trangresión na arte ten alcanzado límites que nos parecen xa de difícil superación.

Catellan, non o esquezamos, ten un grande sentido da publicidade e, sobre todo, da oportunidade.

Non esquezamos que en 1961, Piero Manzoni, nun retrete calquera de Italia, recolleu os seus propios excrementos, encheu con eles 90 latas de metal e etiquetounas coas palabras Merda de Artista en italiano, francés, inglés e alemán: Merda d’artista, Merde d’artiste, Artist’s shit y Künstlerscheiße.

Piero-Manzoni-Merda-de-artista

Logo vendeu as latas a peso segundo a cotización do ouro nese día e hoxe están nas máis famosas galerías de arte do mundo, entre elas o Museu d’Art Contemporani de Barcelona, o centro Georges Pompidou de París, a TATE Gallery de Londres e o MOMA de Nova York.

En 2007 vendeuse un exemplar en 124.000€.

E que pensa o artista deste retrete de ouro que, case 100 anos despois de A Fonte de Duchamp expón o Guggenheim de Nova York baixo o título América? Que simboliza este retrete de ouro macizo de 18 quilates?

El di que “os excesos do mercado da arte”

Comentarios