Que facer?

Obradoiros, música, artesanía e animación de rúa na XIV Foliada de Melide

janet_novas
photo_camera A bailarina e coreógrafa galega Janet Novas actuará este sábado no Pazo da Cultura de Carballo

Galegote Rock 2018

Pontevedra

Diversos espazos

Sexta feira e sábado

Un festival de música para dar a coñecer intérpretes e grupos de distintos estilos e achegar ao público unha ampla oferta de música de calidade, feita en galego e en directo.

 

Ponte a Portu-Gal

Ponteareas

Auditorio Municipal/Centro Urbano/Centro Cultural de Guillade

Sexta feira, sábado e domingo

Xornadas da cultura galego-portuguesa con palestras sobre a historia da emigración galega a Lisboa, concertos de María do Ceo, Najla Shami e mais ruadas.

 

 

Aldaolado

Vilar de Santos

A Arca da Noe

Sexta feira

22.00h

As poetas reinvéntanse con “Cría fama e bótate a correr”, unha reflexión sobre as virtudes e baixezas da fama despois de teren pasado polo Luar.

 

XIV Foliada de Melide

Melide

Diversos Espazos

Sexta feira, sábado e domingo

Un evento que concentra obradoiros, actividades formativas, mostra de artesanía, exposicións, actuacións musicais, concurso de Cantos de Taberna e actividades para as crianzas.

 

Festa da Lamprea

Arbo

Praza do Consistorio

Sexta feira, sábado e domingo

Festa de exaltación e degustación da lamprea, acompañada de viño do Condado, música tradicional e banda municipal.

 

Xestualidade expresionista

Carballo

Pazo da Cultura

Sábado

20.30h

Un espectáculo de danza da bailarina e coreógrafa galega Janet Novás, unha das figuras máis destacadas do panorama estatal dos últimos tempos.

 

XXIII Feira da Plantación

San Sadurniño

CPI San Sadurniño

Domingo

10.00-19.30h

A Feira da Plantación defínese como unha festa de arranque da primavera que procura poñer en valor o rural e o seu potencial. As protagonistas son as plantas, cunha presenza destacada da flor para exterior, das herbas aromáticas, as árbores froiteiras e as sementes. A programación inclúe obradoiros, sorteos de lotes de produtos da terra e o tradicional agasallo dunha planta ornamental para cada asistente.

 

Comentarios