A maiores, a publicación inclúe textos inéditos de poetas como Luísa Castro, Silvia Penas, Oriana Méndez ou Xil Xardón. Todas elas pasaron polos escenarios do certame, que comezou o pasado 21 de marzo -Día Mundial da Poesía- e remata este sábado, 24, cun recital do que farán parte Estíbaliz Espinosa, Ana Vallés e Nuria Sotelo traballarán sobre a poesía de Lupe Gómez, e o Niño de Elche.
O pórtico do libro colectivo, deseñado por Manolo Martínez, corresponde ao manifesto do festival, responsabilidade de María Xosé Queizán e lido a pasada cuarta feira na apertura do encontro. “O pasado arraiga na poesía. / Un vento de futuro empuxa a crear. / Poetas alcemos as copas metafóricas / para brindar no esplendoroso 2018. / Viva a poesía!”, finaliza o pregón, escrito en verso.
Dedicado á poesía oral e á escrita en zonas de conflito, Alguén que respira! diríxeo o editor e poeta Antón Lopo.