O xurado formárono Nazaret de Sousa, Noemí Villamuza, Xosé Cobas, Manuela Rodríguez e José Morán, e tamén distinguiu como finalista Atrapamiradas, das catalás Marina Núñez (autora) e Avi Ofer (ilustrador). Foron as dúas obras escollidas entre case 300, procedentes de 24 países.
“A calidade dos proxectos e dos dous finalistas, así como a súa diversidade enriquecedora” resulta indiscutíbel para Manuela Rodríguez, membro do xurado pola editorial Kalandraka, a entidade que, canda o Concello de Compostela, organiza o certame.
Nove mil euros en concepto de adianto polos dereitos de autor e a publicación nas cinco linguas oficiais da Península Ibérica e mais en inglés conforman a dotación do concurso.