Héitor Picallo e Damián Porto presentan 'Amores clandestinos no Renacemento'

A Agrupación Cultural O Galo foi a encargada de organizar o acto.
Héitor Picallo e Damián Porto, esta sexta feira (Foto: Arxina).
photo_camera Héitor Picallo e Damián Porto, esta sexta feira (Foto: Arxina).

A Agrupación Cultural O Galo organizou esta sexta feira a presentación e posterior coloquio do libro Amores Clandestinos no Renacemento, da autoría de Héitor Picallo e Damián Porto. O acto tipo lugar Libraría Couceiro, en Santiago de Compostela e nel os autores presenaron esta obra que versa sobre a historia de dous personaxes ilustres da historia da Galiza: o deán Gabriel Rodríguez de Casal de Raros e a súa parella María 'Criada'.

De acordo coa Agrupación Cultural O Galo, o libro é "todo un estudo [editado pola Asociación Cultural Vagalunes da Estrada] que basicamente trata sobre o empoderamento que xa no século XVI, realizou unha muller galega, que se pode considerar pioneira do aínda actualmente masculinizado mundo empresarial". 

O libro está prologado polo debuxante e escritor Amor Moreno e deseñado por Martiño Picallo. Na obra tamén se ofrecen moitas historias paralelas, como a do cóengo compostelán Vasco de Ulloa, que polos anos trinta do século XVI era un dos escritores do Arquivo Vaticano.

Os autores

Damián Porto é licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Especialízase en arquivística e biblioteconomía, motivo polo cal pasa a traballar na Fundación Camilo José Cela. Porto ten escrito sobre temas como as pesqueiras do río Ulla (A Estrada), a Batalla de Rande, os fondos documentais de pazos galegos (como o da Casa do Preguecido na Estrada), nas capelanías, ermidas e obras pías da Estrada ou en recursos faunísticos das terras dese municipio.

Alén da súa participación en Naturgalicia (colectivo que difunde o patrimonio medioambiental, histórico-artístico e cultural galegos dende a fotografía), ten publicados múltiples ensaios e artigos e diversas publicacións.

Pola súa parte, Héitor Picallo é enxeñeiro técnico naval pola Universidade da Coruña (UDC), especializado en estruturas mariñas. Compaxina o seu traballo coa ilustración de libros e a investigación de temas diversos (cultura galega, memoria histórica e personalidades do país, entre outros).

Picallo explica, en declaracións a Nós Diario, sobre o libro Amores Clandestinos no renacemento que "é unha obra que levou moito tempo realizala porque hai documentación e múltiples arquivos". 

Picallo acrecenta sobre o acto desta sexta feira que "é un coloquio fermoso porque nos xuntamos xente que só coñeciamos polas redes socias nun acto que suscita ao debate"..

Comentarios