Guille Paz, alias Nesui, quedou terceiro na Liga estatal de Graffiti

Guille Paz: "Desde o punto de vista conceptual, o que tento é retratar xente que me motiva por algo"

Unha comunidade de artistas urbanos e urbanas creou, en 2019, a Liga de Graffiti, na que participa xente de todo o Estado español e que ten por obxectivo achegar esta arte ao público xeral. Na edición deste ano, tomou parte o graffiteiro lucense Nesui, que alcanzou a terceira posición entre un total de 54 participantes. Conversamos sobre os seus inicios no mundo do graffiti, sobre a súa participación na liga e mais sobre a súa concepción estética e filosófica da arte urbana.
O artista gráfico Nesui traballando nun dos seus retratos, neste caso o músico Paco de Lucía. (Foto: Nós Diario)
photo_camera O artista gráfico Nesui traballando nun dos seus retratos, neste caso o músico Paco de Lucía. (Foto: Nós Diario)

Avante Pouca

De que maneira chegou a formar parte da Liga de Graffiti de 2020?

O presidente da liga contactoume e propúxome participar este ano, facíalle ilusión que eu tomase parte porque coñecía o meu traballo, explicoume un pouco o proxecto e resultoume atractivo. Era un programa no que non me tiña que involucrar excesivamente, é dicir, deixar de lado os meus outros proxectos, e ao mesmo tempo recibía unha boa promoción. Así que participei. Sinceramente, sabía que podía conseguir estar entre as primeiras posicións pero non esperaba quedar terceiro a nivel estatal. 

Como chega Nesui ao mundo da arte urbana?

No mundo graffiti empecei no ano 2004 ou 2005, a través da música rap... Facendo sinaturas dunha maneira máis clandestina, máis underground. E pouco a pouco fun evolucionando. Agora teño traballos de todo tipo: ilustración, cómic, mural impresionista, surrealista... Pero si que é certo que estou a tentar especializarme un pouco no retrato, nese hiperrealismo, porque é o que máis me gusta, no que me sinto máis cómodo. Aínda que se pode dicir que son bastante polifacético, o que desexo, o que quero, é caracterizar o meu traballo e que se recoñeza.

Avante Media 

Por que se decide polo mural de grandes dimensións?

Esa vía dáseche cando xa tes certo recoñecemento, non é que optes por ela. Eu gozo o mesmo facendo un traballo dun metro por un metro que nun muro de 16 metros. O que pasa é que esta última posibilidade non a tes todos os días, así que cando se che facilita o traballo de gran formato é cando xa contas cunha traxectoria. Aínda que para min é practicamente o mesmo si hai unha diferenza, e é que o traballo grande dáche máis publicidade e chegar aí, que che propoñan iso, é síntoma de que traballaches ben o resto de formatos, porque para iso teñen que facilitarche grúa, plataforma, moito material... Simplemente, véxoo como o resultado de ter feito ben as cousas antes.

Si opta polo retrato hiperrealista de xente coñecida.

Desde un punto de vista estético é moito máis fácil conseguir unha boa foto de alguén famoso para retratalo. Co tempo un vira máis puntilloso e quere que a foto teña unha calidade, que a sombra caia dunha maneira... A xente con certo nome adoita ter fotos boas e máis variedade, un abano máis amplo para seleccionar o retrato a reproducir. Iso desde o punto de vista máis estético, e desde o punto de vista conceptual, intento retratar xente que me motiva, que me representa ou que sinxelamente quero facerlle unha homenaxe, como foi o caso de Kobe Bryant.

Avante Toda

Que o move a facer graffitis e que cre que lle achegan á paisaxe urbana?  

A motivación principal é a superación persoal, creo que é o que me moveu sempre, o fondo, a substancia. O graffiti formou parte da miña vida e fíxome medrar en todos os aspectos. Desde tratar con xente da rúa, vagabundos, a tratar co alcalde dunha cidade... Desde ser o mozo dos recados a ser un home de negocios... Desde o punto máis baixo até o máis alto da sociedade. O graffiti á cidade dálle vida, cada vez as urbes son máis monótonas e máis homoxéneas, téndese a construír dunha maneira máis gris, máis asfalto, e uniforme, pero o graffiti é unha expresión artística que reflicte a sociedade. E logo, eu podo facer o retrato dun actor pero cada un interpretará como queira, haberá xente que non o coñeza e verao dunha maneira distinta a alguén que si. Cada un interpreta dunha maneira distinta, 

Comentarios