QUE FACER?

Compostela acolle a segunda edición do festival de muralismo e graffiti

cestola
photo_camera Un dos traballos de Cestola na Cachola, muralista a participar no festival de Compostela

Santiago de Compostela. FESTIVAL COMPOSTELA CONTEMPORÁNEA. Praza 8 de marzo. Toda a fin de semana.

Trátase da segunda edición que se realiza en Compostela do Festival de Muralismo e Graffiti, que inclúe actividades como a creación de graffitis e murais e conferencias sobre a arte urbana. Na sexta feira 22 de setembro, haberá actuacións musicais na praza 8 de Marzo (rúa de San Pedro) con Alto Asalto, Xenderal e 2Pasos & Thomas Dylan. Darase feche o domingo, día 24, con conferencias dos artistas convidados.

Lugo. 2ª FESTIVAL DO LEITE. Pazo de Feiras e exposicións. Sábado.

Caxade, Os Amigos dos Músicos, Terbutalina, Adrián Costa & The Criers, Atrás tigre, Escuchando Elefantes e Musel, entre outros, porán música a este evento, que inclué tamén diferentes actividades de animación. Os beneficios económicos do Festival do Leite vanse destinar a axudar as persoas refuxiadas e pídeselles aos asistentes que leven algún produto alimentario de primeira necesidade para o Banco de Alimentos.

Meira. FESTA DA AFIRMACIÓN E DA DIGNIDADE. Pedregal de Irimia. Sábado. 12 horas.

Comeza a xornada coa lectura do manifesto por Mero Iglesias, David Otero e varios colectivos, continúa coa entrega das Mans de Irimia, poesía e actuacións musicais.

Muras. FEIRA DO POLDRO 2017. Monte da Gañidoira. Sábado e domingo.

Exposicións, xornadas gastronómicas, postos de artesanía e degustación do poldro e roteiros guiados suman un completo programa para celebrar 30 anos de Feira!

Santiago de Compostela. A PEQUENA E GRANDE ORQUESTRA. Auditorio de Galiza. Domingo. 18.30 h

Para grandes e miúdos, unha viaxe polas cancións máis emblemáticas da música infantil mundial de todos os tempos, desde a máis tradicional até a xeración do Xabarín. 

San Sadurniño. CINEMA GALEGO: "O DESCOÑECIDO". Casa da Cultura. Domingo. 19.30 h

Unha produción de acción dirixida polo monfortino Dani de La Torre e producida por Vaca Films e protagonizada polo ferrolán Javier Gutiérrez e o lucense Luís Tosar.

Pontevedra. FESTIVAL DAS NÚBEBES. Até 1 de outubro.

Festival de artes escénicas para bebés e familias, con teatro, contos, música, danza e demais obradoiros para partillar coas crianzas.

A Coruña. TOP, MIRANDO AO CEO. A Coruña. Cervexoteca Malte. Até o 30 de setembro.

Exposición fotográfica que centra o seu obxectivo no máis alto, a través dunha viaxe que vai desde os ceos de Compostela até os de Florida. 

Comentarios