sábado 27/02/21

aRi[t]mar reivindica a irmandade lingüística e cultural da Galiza e Portugal na súa V gala

A V edición dos premios 'aRi[t]mar', enmarcados no Festival Cantos na Maré, reivindicou este sábado 26 de setembro en Santiago de Compostela "a irmandade lingüística e cultural" entre a Galiza e Portugal durante unha gala que reuniu máis reuniu un cento de persoas.
 
As e os premiados na V gala de ari[t]mar
As e os premiados na V gala de aRi[t]mar

A V edición dos premios 'aRi[ t]mar', enmarcados no Festival Cantos na Maré, reivindicou este sábado 26 de setembro en Santiago de Compostela "a irmandade lingüística e cultural" entre a Galiza e Portugal durante unha gala que reuniu máis dun centenar de persoas.

O evento desenvolveuse no Hotel NH Colection e serviu para galardoar diferentes personalidades da lusofonía como os poetas Carlos da Aira -premiado á mellor poesía galega con "Nas noites de luar" - e Raquel Lima -mellor poesía portuguesa con 'Liberdade mais cruel'-.

O segundo posto da Galiza foi para Tamara Andrés, con "No medio desta paisaxe"; e o terceiro para Olga Nova con, "Síndrome de Stendhal". O segundo posto de Portugal foi para Filipa Leal con "Projeto Político 3: El Corte Inglés"; mentres que o terceiro gañouno José Manuel Neves con "E se fosse proibido abraçar".

Tamén se recoñeceu a música da cantante Sabela -mellor música galega por 'Despedida'- e do cantautor António Zambujo -mellor música portuguesa con ' Catavento dá se'-, que actuaron na gala xunto a Miguel Araújo.

Ademais, recoñeceuse a ex ministra de Comercio e Turismo de Cabo Verde e ex directora xeral da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa, Georgina Benrós de Mello, co premio especial do xurado á embaixada da amizade galego-lusófona. Con todo, non puido viaxar para recollelo e no seu lugar fíxoo o presidente da Academia da Lingua Portuguesa, Rudesindo Soutelo.

No evento deste sábado, o organizador do certame 'aRi[t]mar' e director da Escola Oficial de Idiomas de Santiago, Gonzalo Constenla, destacou "a popularización da música galego-portuguesa" a través dunha convocatoria que rexistrou máis de 5.000 votos por Internet.

O primeiro en recoller o seu galardón foi o poeta Carlos da Aira, que aplaudiu "cada unha das persoas anónimas que desde o cotián traballan para estabelecer unha relación necesaria entre a Galiza e Portugal". Pola súa banda, a poeta lusa Raquel Lima manifestou o seu desexo de que "o diálogo" entre as dúas linguas consiga ser "transformador".

No apartado musical, Sabela asegurou sentirse unha "privilexiada" co galardón e agradeceu que eventos como este "tenten crear lazos que son moi beneficiosos para todos os artistas". Así mesmo, António Zambujo dedicou o premio á cantante galega Uxía e confesouse, en referencia aos 10 temas finalistas aos que se impuxo, "impresionado pola calidade da música que se fai en Portugal hoxe en día".

comentarios