Abertas as votacións dos Premios aRi[t]mar: estas son as obras finalistas

O xurado pre seleccionou 20 pezas galegas e portuguesas que agora o público poderá votar a través da web aritmar.gal.
Nos últimos anos escribíronse e publicáronse miles de libros de autoaxuda. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Dez poesías galegas e dez portuguesas compiten polos galardóns. (Foto: Nós Diario)

O xurado de aRi[t]mar vén de preseleccionar as poesías galegas e portuguesas que loitarán por ser recoñecidas como as mellores do pasado 2023. Son dez poesías de cada país as que optan a ser elixidas polo público como Mellor Poesía do Ano na Galiza e Mellor Poesía do Ano en Portugal. As votacións comezaron esta mesma sexta feira ás 11 horas —fuso horario galego—, e poderase participar a través da páxina web aritmar.gal até o 13 de maio.

Tanto nesta, a súa vertente poética, coma na musical, son as persoas seguidoras de aRi[t]mar as que deciden calson as mellores obras do ano. Calquera usuario da web pode acceder a aritmar.gal e, alí, ler as 20 pezas galegas e portuguesas pre seleccionadas polo xurado e decidir cal cren que son as merecedoras do premio a Mellor Poesía do Ano na Galiza e Mellor Poesía do Ano en Portugal.

As pezas finalistas para o premio a Mellor Poesía do 2023 na Galiza son:

  • Toco a túa vida na miña boca, de Ángel Suanzes
  • Sopras un dente de león cos labios moi xuntos, de Carlos Negro e Raquel Senra
  • (Esta casa durmida), de Carlos Penela
  • Entra o sol cheirar a casa, de Celso Fernández Sanmartín
  • Declara a dor, de Chus Pato
  • Crónica, de Helena de Carlos
  • Pilara da Fraga, de Lupe Gómez
  • A viaxe é por dentro, de O Leo
  • Canto segundo para un fillo non nado, de Silvia Penas
  • Nómadas, de Xaquín Núñez e Ana Cea

Por outra parte, as pezas finalistas para o premio a Mellor Poesía do 2023 en Portugal, son:

O mar, de Ana Marques Gastão

Muda de lugar..., de César Pires

XIX, de Graça Magalhães

Habito a planície, de Helga Moreira

A arte do roubo às escuras, de Joana M. Lopes

XXXV–desolada a cidade populosa, de Jorge Vaz de Carvalho

Natureza, de Kay Pina

Os conquistadores: um sonho, de Paulo Tavares

XXIII, de Rita Tormenta

Há mulheres que trazem..., de Sílvia Mota Lopes.

Comentarios