Obradoiro creativo
San Sadurniño
Casa do Concello
29-30.11.2019
A Colectiva ofrece en San Sadurniño o seu primeiro obradoiro creativo do proxecto Arte Ambulante co afán de achegar a arte contemporánea a espazos máis periféricos. O primeiro dos obradoiros, dirixido por Héctor Francesch e titulado “San Sadurniño On fire!”, tratará as técnicas do collage na sexta feira á tarde e o sábado pola mañá na Casa da Xuventude.
(T)alento
A Coruña
AC Alexandre Bóveda
30.11.2019
11 horas
A AC Alexandre Bóveda organiza para o sábado, 30 de novembro, no seu local, a I edición de Pílulas de (T)alento. Trátase de nove propostas, nove persoas singulares para nun tempo curto (13 min!) contar unha experiencia, un saber, un desexo… Participan Manel Cráneo, Lucía Aldao, Alba Rodríguez Carrera, Martin Pawley, Garchu de Ezetaerre, Marcos Nine, Afra Torrado e Isabel Risco.
Youtubeir@s
Compostela
Teatro Principal
29.11.2019
Gala de entrega dos III Premios Youtubeir@s, un certame para a creación e difusión de vídeos de opinión e videotitoriais en galego.
Pondaliana
Compostela
Museo do Pobo Galego
29.11.2019
20 horas
Concerto mais presentación do disco Pondaliana, un proxecto que musicaliza poemas deste autor para todos os públicos.
Campoamor en galego
Compostela
Lila de Lilith
29.11.2019
19.30 horas
Preséntase Meu pecado mortal, o voto feminino mais eu, de Clara Campoamor, unha tradición de M. Reimóndez, con Celia Pereira Porto, Goretti Sanmartín e Malores Villanueva.
Paseo Literario
Vigo
Paseo Afonso II
30.11.2019
11 horas
Paseo literario polo Vigo da arte "Irmandades da Fala", guiado polo investigador e activista cultural Xurxo Martínez González. Previa inscrición.
V Xornada do Rural 'Pousa Antelo'
A Baña
Local Social Sanamede de Monte
30.11.2019
10 horas
Diferentes persoas especialistas debullarán temas como o despoboamento, abandono, xestión das terras, falta de alternativas produtivas ou a problemática da enerxía eólica.
Roteiro
Outeiro de Rei
Casa-Museo Manuel María
1.12.2019
10 horas
Unha camiñada por algúns dos lugares de Outeiro de Rei máis íntimos de Manuel María, 6 km de dificultade baixa, guiada por Orlando Viveiro, estudoso e divulgador.
Galidoc
Carballo
Casino 1889
7.12.2019
Cuarta e última sesión deste ciclo de documentais galegos, coa proxección de "Pucho Boedo: Un crooner na fin do mundo" de Xurxo Souto.