Do 22 ao 26 de outubro

Nove filmes na semana de cinema árabe de Compostela

Nado en Gaza, do ítalo arxentino Hernán Zin abrirá, a segunda feira 22 de outubro, a semana de cinema árabe de Compostela Amal. Nove filmes -ficción e documentais- forman o programa da mostra.
 

Amal 18
photo_camera Detalle do cartaz do festival Amal de cinema árabe. Foto: Sergi Cámara.

O traballo de Zin “presenta a guerra desde o relato dos cativos palestinos”. Dez pequenos contan “como é a súa vida diaria entre as bombas e como loitan para superar o horror da guerra”.

A programación do ciclo, organizado pola Fundación Araguaney, proxectarase no Teatro Principal de Compostela en dúas sesións, ás 20.00 horas e ás 22.00 horas, a dous e tres euros respectivamente. “Os filmes recollen diferentes puntos de vista e sensibilidades do mundo árabe”, sinala o director do certame, Ghaleb Jaber Martínez, “e amosan a diferenciación e matices dos máis de 500 millóns de persoas do mundo árabe”.

De pais e fillos (2017), de Talal Derki; Sheikh Jackson (2018) de Amr Salama; Á caza da pantasma (2017), de Raed Andoni; O Cairo Confidencial (2017), de Tarik Saleh; Comandante Arian (2018), de Alba Sotorra; Alma Mater (2017), de Philippe Van Leeuw; Os saltadores (2016), de Abou Sidibé, e Zagros (2017), de Sahim Omar Kalifa.

Os detalles do programa poden consultarse en www.amalfestival.com.

O Concello de Santiago e a Xunta colaboran co Festival Internacional de Cinema Árabe Amal.

Comentarios