Pablo Sanmamed Trío abre hoxe o programa

O Festival de Jazz de Ribadeo volve tras dous anos de ausencia

Volve celebrarse tras dous anos cancelado por mor da pandemia e inclúe nomes da escena internacional e galega no programa.

Pablo Sanmamed Trio.
photo_camera Pablo Sanmamed Trio.

Ribadeo volve acoller o seu Festival de Jazz e Blues, que volve celebrarse tras dous anos de parada por mor da pandemia. No festival, alternan figuras de primeira liña nos ámbitos internacional, estatal e nacional que conforman unha programación que se estenderá até o vindeiro 11 de decembro en forma de concertos, ceas con concerto, e masterclass, ademais de incluír unha exposición que repasará a primeira década do festival.

Pablo Sanmamed Trío abrirá hoxe a programación cunha cea-concerto no restaurante Javier Montero, tras o acto de apertura do festival e da exposición na Oficina de Turismo da localidade.

 

Carmen Rey e Matabuena Trío serán os encargados doutras dúas ceas-concerto. 

Os concertos de Pablo Castaño e Marcos Pin Jazz Orchestra (2 de decembro), Los Deltonos (6 de decembro), os cubanos Trio Mejunje (8 de decembro), Gisele Jackson & The Shu Shu´s (9 de decembro) e Red Beans & The Pepper Sauce constitúen o abono do festival nas actuacións do Auditorio “Hernán Naval”.

Ademais, tamén no auditorio "Hernán Naval" o 27 de novembro, terá lugar un concerto de jazz para a cativada a cargo da banda da cantante de Estonia Noa Lur, premiada como unha das mellores voces novas do jazz europeo no Festival Internacional “Nomme Jazz” de Estonia.

Comentarios