A 39º edición da Carballeira de Zas está a piques de comezar, con dúas xornadas de música, gastronomía e tradición, para que veciños e amantes da música folk e galega gocen dunha xornada agradábel e única para todos os públicos.
Zas encherase de folk e diversión con artistas galegos, como Javi Maneiro, e Amparanoia, que comezarán a sexta feira 9 de agosto pola noite.
O sábado 10, a partir das 12 horas, o escenario encherase de talento galego con actuacións en directo de artistas como Guadi Galego e Fanfarria Taquicardia. Pola tarde, unha Gran Foliada encherá de música todos os recunchos, seguida da actuación do grupo De Ninghures.
A partir das 22 horas, será comezarán os concertos de música folk, con Os Do Fondo Da Barra, The O'Reillys and the Paddyhats, Mondra e Storrentos.
Ademais da oferta musical, o festival conta cunha exquisita gastronomía local -coa tradicional mexillonada, polbo, pementos de Padrón ou churrasco- e con actividades para a cativada, como a actuación da Gramola Gominola, un espazo con animación e inchables dos que poderán desfrutar durante toda a tarde do sábado.