Esixen con música que a CRTVG repoña “Planeta Furancho” e “Aberto por reformas”

Ao vivo, con música, foi a concentración perante as instalacións centrais da CRTVG en San Marcos para esixir a continuidade de “Planeta Furancho” de Vituco Neira, recén retirado da programación. E non só iso, músicas e músicos aproveitaron para reclamar o regreso de “Aberto por reformas” de Xurxo Souto. 

planeta
photo_camera Imaxes: Defendamos Planeta Furancho

A música ao vivo ten os instrumentos en alto e a CRTVG é o obxectivo. Despois da fulminante eliminación do programa dirixido e conducido por Vituco Neira, “Planeta Furancho”, profesionais do sector concentráronse na noite do sábado cos seus instrumentos perante as instalacións de San Marcos para esixir a súa volta á grella da Radio Galega. 

Entre música e proclamas, os participantes da concentracións non só reclamaron o regreso de “Planeta Furancho”, o programa recén fulminado da programación, senón que aproveitaron para esixir un mellor horario de emisión ademais do regreso inmediato de “Aberto por Reformas” de Xurxo Souto que consideran “un paso de xigantes para a difusión da música deste país”, 

furancho2Emprazan tamén a unha xuntanza de carácter urxente con representantes da asociación Music@s ao Vivo con responsábeis de programación ou cargos da CRTVG arredor da ausencia de programas dedicados á música galega. 

Tomar a radio 

Consideran que a CRTVG está a “vulnerar os principios” da súa creación como servizo público que ten como obxectivo a promoción, difusión e impulso da lingua e a cultura galega. 

Profesionais do sector concentrados en San Marcos advertiron de que teñen como proposta “tomar a  Radio e os seus micros” xa que consideran fundamental “ter acceso a canles de difusión públicas”, coa vontade de manifestar a súa oposición ao recortes de dereitos, en especial, do acceso á cultura e información. Co fin de sumar apoios e difundir as propostas creouse en facebook o grupo público "Defendamos Planeta Furancho". 

Comentarios