O documental galego 'Deuses de pedra' estreouse no Festival Internacional de Cinema de Rotterdam
A primeira longametraxe do director ourensán Iván Castiñeiras será, xunto con Ariel de Lois Patiño, unha das dúas pezas galegas que se estrean no festival.
Esta segunda feira estreouse na sección Bright Future do International Film Festival de Rotterdam o documental de creación Deuses de pedra, primeira longametraxe do director galego Iván Castiñeiras e coprodución con Portugal e Francia. É, xunto con Ariel de Lois Patiño, unha das dúas películas galegas que se estrean no festival.
Deuses de pedra foi rodada entre o ano 2008 e 2023 nunha comunidade rural situada entre a Galiza e Portugal. Nunha das últimas escolas rurais da fronteira, Mariana, unha nena de catro anos que crece entre contos, lendas e historias locais, descubre o mundo a través das ensinanzas da súa mestra. A través de Mariana, o director ofrece unha mirada calidoscópica do territorio fronteirizo: o contrabando, a emigración, as tradicións, o que cambia e o que permanece. Así, preséntanos un retrato íntimo e poético que explora a relación entre o pasado e o presente, o arraigo e o cambio, e o paso da infancia á idade adulta.
Deuses de pedra foi rodada entre o ano 2008 e 2023 nunha comunidade rural situada entre a Galiza e Portugal, a fronteira máis antiga de Europa. Nunha das últimas escolas rurais da fronteira, Mariana, unha nena de catro anos que crece entre contos, lendas e historias locais, descubre o mundo a través das ensinanzas da súa mestra.
A medida que Mariana crece, os relatos e o paso do tempo moldean a súa visión do mundo, ata que, aos dezaoito anos, enfróntase a unha decisión crucial: abandonar a súa aldea, como fixeron os seus irmáns, ou quedar coa súa nai, Cinda, que durante anos tivo que asumir varios traballos para poder manter á familia.
Pola súa parte, Lois Patiño estreou Ariel na sección Harbour o pasado sábado, e espera que a película "chegue a un público máis numeroso" que as súas outras longametraxes, xa que ten "maior potencial" xa que é "máis narrativa".
No filme, Agustina Muñoz, actriz arxentina de orixe galega, visita a súa familia nunha localidade na fronteira con Portugal. Instalada na casa onde pasou a súa avoa a súa infancia, aproveita eses días para ensaiar o texto portugués de A tempestade, de William Shakespeare, posto que foi convidada por unha compañía de teatro para representar a obra nunha illa do arquipélago dos Azores. Viaxa até alí en barco, pero cando chega non atopa a ninguén da compañía, nin a ninguén da illa que pareza saber nada do espectáculo.

