A Coruña prepárase para acoller a XII edición do Encontro Artes pola Integración

Entre as diferentes facetas desta cita integradora e transformadora destacan as artes escénicas, as artes visuais, o cinema ou a música como instrumentos eficaces e esenciais para a “comprensión e a procura de alternativas a problemas sociais e interpersoais derivados das demandas, necesidades e procesos inclusivos”.
O XII Encontro Artes pola Integración dará comezo este 1 de seembro (Foto: Nós Diario).
photo_camera O XII Encontro Artes pola Integración dará comezo este 1 de seembro (Foto: Nós Diario).

Os días 1, 2 e 3 de setembro, A Coruña acollerá o XII Encontro Artes pola Integración, un proxecto que ten como principal obxectivo “rachar as barreiras entre artistas e persoas con e sen diversidade funcional e substituílas por vías de acceso bidireccionais que fomenten o coñecemento, o recoñecemento e a inclusión social a través das artes”.

Entre as diferentes facetas desta cita integradora e transformadora destacan as artes escénicas, as artes visuais, o cinema ou a música como instrumentos eficaces e esenciais para a “comprensión e a procura de alternativas a problemas sociais e interpersoais derivados das demandas, necesidades e procesos inclusivos”.

Programación

Este evento arrincará nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña o 1 de setembro coa presentación do festival para, a continuación, asistir a tres representacións teatrais: a peza curta O meu lugar! - dirixida por Rebeca Ponche e Carlota Pérez coa axuda de dramaturxia de Victor Duplá e María Vazquez.

A primeira xornada do XII Encontro Artes pola Integración chegará ao seu fin co ‘Encontro de videodanzas e diversidade’, unha colección de proxectos de linguaxe audiovisual en colaboración co prestixioso Fiver Internacional Dance Film Festival.

O sábado 2 de setembro o evento trasládase ao Centro Ágora onde se inaugurará a exposición ‘A mocidade crea’, proxecto realizado en colaboración con SacraExperience logo dun proceso de dous anos de formación e elaboración e que está conformada por fotografías, artes plásticas e videocreacións realizada por adolescentes.

Esta cita chegará ao seu fin na xornada do domingo 3 de setembro, xa na praza da Constitución, na Cidade Vella coruñesa co ‘Concurso de pezas para a comunidade’, unha convocatoria aberta a creadores e creadoras - dun mínimo de dous e un máximo de catro intérpretes. Unha vez representadas, un xurado de expertos seleccionará dúas pezas, así como o público asistente unha terceira, que recibirán 500 euros de premio. Seleccionaranse un máximo de 10 pezas para este concurso.

Comentarios