As gañadoras e gañadores deste ano difícil para o mundo do libro daranse a coñecer en maio.
Preto de 40 títulos son os finalistas dos premios Follas Novas do Libro Galego, uns galardóns que estrean denominación nesta sexta edición en homenaxe a Rosalía de Castro e que repasan a actividade dun exercicio, o do pasado ano, especialmente difícil para o mundo autoral, editorial e libreiro.
O mundo do libro non só non se detivo, senón que "está facendo fronte ás dificultades con toda a enerxía e a inventiva que requiren os tempos", din desde a organización. A resolución será o 15 de maio no Teatro Principal de Santiago de Compostela, nunha gala transmitida que, en función da situación pandémica do momento, poderá ter formato presencial.
A elección dos títulos e autoras que forman parte do listado de finalistas fecha a primeira parte dun proceso de selección no que as asociacións organizadoras,Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia achegaron as súas respectivas candidatas en cada un dos apartados dos premios.
Unha vez elaborada a lista definitiva de finalistas, un xurado deliberará e decidirá quen son as persoas gañadoras en cada unha das categorías. Os premios Follas Novas do Libro Galego contan co apoio da Deputación da Coruña, o Concello de Santiago, CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos) e a Xunta.
A lavandeira de San Simón (Edicións Xerais de Galicia)- Eva Mejuto e Bea Gregores
Carta xeométrica de Galicia-Facsimilar (Edicións do Cerne), Domingo Fontán
Castelao. Construtor da nación. Tomo II. 1931-1939 (Editorial Galaxia), Miguel A. Seixas Seoane
Tradución
Aramados (Alvarellos Editora), Manuel García Gerpe, traducido por MiroVillar.
A nosa negra (Hugin e Munin), Harriet E.Wilson, traducido por María Reimóndez Unha noite no tren da Vía Láctea (Aira Editorial), Kenji Miyazawa, Miguel Robledo (ilus.), traducido por Gabriel Álvarez.