Aldaolado: "O noso humor non é o chiste polo chiste. Hai un fondo crítico"

No semanario Sermos Galiza, que atoparás este sábado 24 de outubro nos quiosques ou para a súa lectura na nube acompañando Nós Diario, Montse Dopico entrevista Lucía Aldao e María Lado (Aldaolado). Tamén poderás aprender máis sobre cogomelos e gastronomía nesta época do ano en que o monte é unha explosión de fungos. Nós, a revista que trouxo ares novos á Galiza abre este novo número do semanario, un artigo en que Xoán Costa achega varias chaves sobre a publicación que celebra o centenario da revista Nós (e que sairá co xornal o 30 de outubro) e que afonda tamén na participación de Carvalho Calero nela.

Imaxe da entrevista a Lucía Aldao e Maria Lado que publica este sábado 24 de outubro 'Sermos Galiza'
photo_camera Imaxe da entrevista a Lucía Aldao e Maria Lado que publica este sábado 24 de outubro 'Sermos Galiza'
Comentarios