Arredor de si

'Arredor de si', unha das novelas máis relevantes da literatura galega do século XX, narra o difícil camiño de procura da propia identidade do seu protagonista, Adrián Solovio (en certo modo, unha imaxe de Ramón Otero Pedrayo e os seus compañeiros galeguistas), polo que foi interpretada tradicionalmente como a crónica da formación e experiencia intelectual do grupo Nós. Para alén disto, a novela ofrece outras posibilidades de lectura que fan que continúe a ser unha obra suxestiva pois, a partir do relato desa viaxe espacial e intelectual de Solovio, o relato lévanos da man a través dun proceso de reflexión e análise que nos obriga a reflectir sobre que é o que define unha identidade nacional.
Ramón Otero Pedrayo nos anos da segunda república. (Foto: Fundación Otero Pedrayo)
photo_camera Ramón Otero Pedrayo nos anos da segunda república. (Foto: Fundación Otero Pedrayo)
Publicada en 1930, na etapa en que o seu autor está nun período de plenitude creativa, Arredor de si é a novela máis coñecida de Ramón Otero Pedrayo (1888-1976) e, tamén, aquela pola cal…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios