'9 fugas', a primeira longametraxe de Fon Cortizo, chega á gran pantalla

Proxectarase esta segunda feira en Compostela tras o seu exitoso paso por diferentes festivais de cinema.
Fotograma do filme '9 fugas', de Fon Cortizo (Foto:9 Fugas).
photo_camera Fotograma do filme '9 fugas', de Fon Cortizo (Foto:9 Fugas).

O cineasta Fon Cortizo (Vigo, 1978) presenta o seu premiado filme 9 fugas na sala Numax de Compostela, esta segunda feira (19.35 horas), 14 de marzo. Así, esta obra chega a pantalla grande, a través do ciclo 'Os ollos verdes', após o seu exitoso paso por festivais, como o premio a mellor film que gañou na sección Retueyos do Festival de Xixón.

Tamén foi galardoada co León de Ouro ao Mellor filme do certame, Mellor longametraxe iberoamericana e Mellor dirección no Festival Internacional de Cine Iberoamericano de Caracas, en Venezuela.

9 Fugas, gravada en galego, parte da banda sonora creada por unha orquestra de improvisación dirixida da que xurdiron a historia e as imaxes. O filme estrutúrase en 9 capítulos que son vasos comunicantes a través dos que flúe un relato.

A música corre a conta da Orquestra Fugaz de Improvisación. A repartición está formado por: María Roja, Olga Cameselle, Lola Quirós, Alfredo Rodríguez, Paco Barreiro, Areto Bolado, Ailén Kendelman, Marta Pérez ou Helena Varela. Neste pase único en Numax estará o propio director e haberá un coloquio posterior.

Fon Cortizo é un guionista e cineasta que se estrea na longametraxe con 9 fugas. Graduado en Comunicación Audiovisual, Cortizo comezou a traballar como cámara de televisión. Desde 2007 desenvolveu proxectos para televisión como director de fotografía, realizador e director.

Entre os seus traballos como director destacan o documental Contrafacer, estreado en Visions du Réel en 2015, e a curta Aysha, estreada no Play-Doc en 2017 e premiada á mellor curtametraxe galega e mellor guión en Curtocircuíto.

Comentarios