O Waterpolo Pontevedra, á Copa FANáticos

Un dos certames máis prestixiosos do waterpolo de base a nivel estatal, a Copa FANáticos, contará neste 2024 con representación galega. Trátase do Club Waterpolo (CW) Pontevedra, que viaxará até Zaragoza para ser parte dun torneo da categoría alevín que reunirá desde esta sexta feira e até o 9 de xuño un total de 19 equipos de todo o Estado, sendo 14 deles masculinos e cinco femininos. Porén, nesta ocasión a escuadra da cidade do Lérez non participará en solitario, pois repartirá os seus deportistas en dous equipos, un exclusivo do Pontevedra e outro en combinación co Larraina Navarro, co obxectivo de que todos os rapaces poidan "gozar de máis minutos de xogo e compartir unha experiencia de convivencia con waterpolistas doutros territorios".
 
Os membros do club de waterpolo da Boa Vila viaxan até Zaragoza. (Foto: CW Pontevedra).
photo_camera Os membros do club de waterpolo da Boa Vila viaxan até Zaragoza. (Foto: CW Pontevedra).
Comentarios