Un dos feridos no incendio de Vigo é dado de alta mentres que catro continúan na UCI

Un dos feridos durante o incendio rexistrado na madrugada da pasada cuarta feira nun edificio de Vigo, no que faleceron catro persoas, foi dado de alta, mentres que outros catro continúan nas unidades de coidados intensivos (UCI) de diferentes centros hospitalarios galegos e unha sexta persoa atópase en planta do Hospital Povisa. Así se desprende da última información da Consellaría de Sanidade, que asegura que tres pacientes están na UCI de Povisa, dúas en estado crítico e un con prognóstico reservado. Pola súa parte, a persoa que está en planta deste centro ten unha evolución favorábel e outro ferido xa foi dado de alta na sexta feira.

Portal do edificio número 6 da rúa Afonso X O Sabio de Vigo, onde catro persoas, tres delas menores, faleceron a causa dun incendio. (Foto: Javier Vázquez / Europa Press)
photo_camera Portal do edificio número 6 da rúa Afonso X O Sabio de Vigo, onde catro persoas, tres delas menores, faleceron a causa dun incendio. (Foto: Javier Vázquez / Europa Press)
Comentarios