A selección galega volve no Torneo da Haia

Case sen tempo desde que a pasada fin de semana brillase tanto na categoría masculina como na feminina na II Celtic Cup, a selección galega de fútbol gaélico -o único deporte no que a Galiza pode competir oficial e internacionalmente- pon rumbo aos Países Baixos para participar na décimo quinta edición do Torneo Invitacional da Haia. Alí, nun dos torneos máis prestixiosos de Europa, a Irmandiña continuará a súa preparación de cara aos World Games que terán lugar en Irlanda no mes de xuño fronte a varios dos conxuntos máis potentes do continente. Deste modo, os 14 homes convocados polos seleccionadores Alberto e Jano debutarán ante o Den Haag ás 9 horas do 4 de marzo, mentres que as 17 mulleres chamadas por Pablo da Silva farán o propio co Wanderers ás 10. 
A Irmandiña continúa a súa preparación de cara aos World Games. (Foto: Gaélico Galego).
photo_camera A Irmandiña continúa a súa preparación de cara aos World Games. (Foto: Gaélico Galego).
Comentarios