Rexistrada na capital de Nafarroa unha moción de censura que levará EH Bildu á Alcaldía

EH Bildu, PSOE, Geroa Bai (alianza na que participa o Partido Nacionalista Vasco) e Contigo Zurekin (unha coalición con presenza de Podemos e Izquierda Unida) rexistraron hoxe no Concello de Iruña, a capital de Nafarroa, unha moción de censura que acabará cos seis meses de Goberno de Cristina Ibarrola, de Unión del Pueblo Navarro. A forza conservadora chegou á Alcaldía en minoría logo de que o PSOE se negara a negociar con EH Bildu -que conta con oito das e dos 16 edís das forzas da oposición-, algo que a forza soberanista si fixo no tocante ao Goberno de Nafarroa, permitindo que María Chivite (PSOE) se fixera coa Presidencia. Nunha votación na última semana do ano, Joseba Asiron (EH Bildu) volverá ao cargo que xa desempeñou entre 2015 e 2019.

O candidato de EH Bildu á Alcaldía de Iruña, Joseba Asiron, hoxe. (Foto: Eduardo Sanz / Europa Press)
photo_camera O candidato de EH Bildu á Alcaldía de Iruña, Joseba Asiron, hoxe. (Foto: Eduardo Sanz / Europa Press)
Comentarios