Pontón reclama unha “saída xusta” ante a crise de prezos e o “escandaloso beneficio empresarial”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou unha “saída xusta” ante unha crise dos prezos “con escandalosos beneficios” para sectores como as eléctricas ou a banca, segundo expuxo na manifestación convocada pola CIG en Vigo con motivo do Día Internacional da Clase Traballadora. Pontón incidiu nas “dificultades” polas que pasa a clase obreira para chegar a fin de mes e destacou que “o incremento do beneficio empresarial está sete vez por riba dos salarios”.

O candidato do BNG á Alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, a portavoz nacional, Ana Pontón, e a deputada nacionalista, Carmela González. (Foto: Javier Vázquez)
photo_camera O candidato do BNG á Alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, a portavoz nacional, Ana Pontón, e a deputada nacionalista, Carmela González. (Foto: Javier Vázquez)
Comentarios