O persoal da sanidade privada secunda a folga cun "importante" seguimento

O persoal da sanidade privada na circunscrición da Coruña secundou esta quinta feira unha nova xornada de folga convocada pola CIG, CCOO e UXT para reclamar un novo convenio. O seguimento foi "importante", segundo sinalou o responsábel da CIG no sector, Miguel Tizón, que estimou que nalgúns hospitais como o Quirón Saúde e o HM Modelo, ambos na cidade da Coruña, foi de 100%. "Isto quere dicir que a xente está moi concienciada", concluíu.
Mobilización fronte ao HM Rosaleda, esta quinta feira en Compostela (Foto: Nós Diario).
photo_camera Mobilización fronte ao HM Rosaleda, esta quinta feira en Compostela (Foto: Nós Diario).
Comentarios